Boy scouts portugueses visitan Pontevedra

Pontevedra
18 de marzo 2013

Un grupo de 90 boy scouts portugueses sorprenderon hoxe cos seus cánticos mentres paseaban pola cidade de Pontevedra. Veñen de visitar Santiago de Compostela, onde celebraron os dez anos da creación da súa agrupación, a número 1228

Parte do grupo de Boy Scouts que visitou Pontevedra PontevedraViva

Un grupo de 90 boy scouts portugueses sorprenderon hoxe cos seus cánticos mentres paseaban pola cidade de Pontevedra. Veñen de visitar Santiago de Compostela, onde celebraron os 10 anos da creación da súa agrupación, a número 1228.

Proceden da cidade lusa de Atouguia da Baleia, de onde saíron na madrugada do sábado para recorrer os 500 quilómetros que os separaban do seu destino. E agora que xa están de volta a súas casas pararon na capital das Rías Baixas.

"Você tem uma bela cidade, muito limpa e muito bem preservada", dixeron.

O movemento Scout conta con 70.863 persoas no país veciño (en España tan só hai 54.178).

Atouguia da Baleia é unha freguesia portuguesa do concello de Peniche.