Bora e Xeve, contra a A-57: "Non somos dous afectados, somos moitos"

Pontevedra
20 de novembro 2023

O trazado elixido para o segundo tramo da A-57, que prevé unir os lugares da Ermida e Pilateiros, puxo en pé de guerra aos veciños das parroquias de Bora e Xeve. "Non somos dous afectados, somos moitos. Van a desfacer as parroquias", asegurou Estela Eirín, portavoz da plataforma de afectados

Obras da A-57 no ámbito do río Pintos Mónica Patxot

O trazado elixido para o segundo tramo da A-57, que prevé unir os lugares da Ermida e Pilateiros, puxo en pé de guerra aos veciños das parroquias de Bora e Xeve.

"Non somos dous afectados, somos moitos. Van a desfacer as parroquias", asegurou Estela Eirín, portavoz da plataforma de afectados.

Esta plataforma organizou unha asemblea na que participaron centos de persoas de Bora, San Andrés de Xeve, Santa María e Verducido para coñecer os detalles deste trazado e interesarse polas afeccións que supoñerá sobre todo este ámbito.

Ademais das decenas de casas que serán expropiadas e derrubadas, segundo sosteñen os afectados, preto de duascentas casas quedarán a poucos metros do trazado, tendo que sufrir ruídos por encima do límite permitido. 

"Afectados somos todos", explicou Suso Castro, presidente da comunidade de montes de Xeve, sobre as afeccións a centenares de vivendas que sufrirán problemas de abastecemento de auga ou gretas nas estruturas, como pasou no primeiro tramo Vilaboa-A Ermida. 

María del Carmen Tenorio, tamén portavoz da plataforma, advertiu que "imos estar todos unidos e van vernos na rúa", apostando por levar este conflito ao centro da cidade porque "isto non vai resolver os problemas de tráfico de Pontevedra". 

Veciños e membros da plataforma emprazáronse a traballar conxuntamente, axuntando forzas e creando rede, para frear o trazado A Ermida-Pilarteiros, no segundo tramo e o terceiro, que é a continuación da A-57 por Santa María ata o municipio de Barro.

Arquivado en