Bolos de masa 'croissant' con polo e mexillóns gourmet Pescamar

Pontevedra
28 de agosto 2021

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita na que aproveitaremos todas as propiedades do mexillón, un molusco caracterizado polo seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, axeitado para unha dieta saudable

Bolos de masa 'croissant' Foto creada por jcomp - www.freepik.es

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar unha orixinal receita para tomar como entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro.

A masa 'croissant' coa que imos preparar os bolos recheos leva unha base de pasta de follado e manteiga. O azucre sería o terceiro ingrediente pero, ao tratarse dunha receita salgada, non o imos utilizar.

Os mexillóns Pescamar son altamentes nutritivos, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Para preparar uns deliciosos Bolos de masa 'croissant' con polo e mexillóns gourmet Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de Mexillóns gourmet de Conservas Pescamar

- Media peituga de polo

- 1 cebola pequena

- 1 dente de allo

- Aceite de oliva

- 200 g de queixo crema

- 4 culleradas de manteiga

- 250 g de masa de follado en lámina

Preparación:

Cortamos a peituga de polo en cadradiños, picamos a cebola e os dentes de allo.

Poñemos un chorriño de aceite nunha tarteira a lume medio e cociñamos o polo, a cebola e o allo.

Nun cunco, introducimos os ingredientes cociñados, os mexillóns gourmet Pescamar cortados en anacos, o queixo crema e dúas culleradas de manteiga. Remexemos ata que estea  cremoso.

Estiramos a lámina do follado e dividímola ata crear dez rectángulos. Colocamos unha cullerada da mestura en cada rectángulo e dobrámolos formando bolos. Podemos axudarnos dun garfo para selar os bordos.

Colocamos cada pastel nunha bandexa para enfornar grande. Derretemos as dúas culleradas de manteiga sobrantes nun recipiente axeitado no microondas e, coa axuda dun pincel, pintamos os bolos.

Introducimos a bandexa no forno prequentado a 180 graos entre 10 e 15 minutos, ata que estean dourados.

Para servir, podemos adornar os bolos coa salsa de escabeche da lata de mexillóns gourmet Pescamar.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.