O BNG esixe unha "limpeza profunda" do "vertedoiro" da Ran, que ve nun estado "lamentable", e esixen unha "limpeza profunda" do mesmo.
A voceira do BNG de Cuntis, Natalia Camiña, sinala que desde o seu partido tamén esixen "unha xestión adecuada dos residuos acorde coa lexislación galega, estatal e europea".
Desde o BNG sinalan que se trata dun dos "problemas máis importantes" e que os ten "profundamente preocupados".
Falan de acumulación de residuos de todo tipo (voluminosos, produtos tóxicos, pneumáticos..), falta de xestión adecuada e ausencia dun mantemento regular que "converteron este vertedoiro nun foco de insalubridade que medra ano a ano".
Así, sinalan que, "a pesar de ser unha ferramenta esencial para a correcta xestión dos residuos" e a protección do medio ambiente, "encóntrase en condicións deplorables".
Segundo denuncia o BN,G a situación actual "xera un grave problema tanto para a saúde pública e o medio ambiente como para a imaxe do municipio".
Os nacionalistas sinalan que esta situación leva denunciándose desde o ano 2008, "cando se anunciou a creación dun punto limpo" en Cuntis, pero que "nunca chegou a completarse". Isto supón, segundo a súa denuncia, que "a día de hoxe non apareza Cuntis na relación de puntos limpos da Xunta".
O BNG levará este tema ao Pleno para que o Concello tome medidas urxentes e reverta esta situación.