Berenxenas recheas de atún Pescamar con salsa de iogur

Pontevedra
31 de maio 2020

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita que é indicada para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro, e onde aproveitaremos todas as calidades do atún, un peixe con alto contido en Omega-3

Berenxenas recheas con salsa de iogur Mariana Medvedeva en Unsplash

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unhas berenxenas recheas de atún Pescamar, indicadas para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro.

O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior ao dalgunhas carnes. O seu alto contido en Omega-3 beneficia a saúde do corazón e regula os niveis de colesterol e triglicéridos. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar unhas deliciosas berenxenas recheas de atún claro Pescamar con salsa de iogur, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar

- 5 berenxenas

- 2 ovos

- 1 cebola grande

- pan moído

- 3 culleradas de salsa de tomate

- 150 gramos de migalla de pan

- cuarto vaso de leite

- 2 dentes de allo   

- aceite de oliva

- sal

- Para la salsa de iogur:

- 1 iogur natural

- Medio limón

- 1 cucharada de aceite de oliva

- Sal

- Pementa

- Coendro

 

Elaboración:

Pelamos as berenxenas e partímolas ao longo en dous anacos. Baleirámolas con coidado. Reservamos a polpa para o recheo.

Cocemos as berenxenas en auga fervendo e sal durante dez minutos.

Fritimos a cebola, finamente picada, os allos e a polpa das berenxenas. Cando estea todo ben pasado, engadimos o contido das 2 latas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar (só o atún claro, sen o aceite), a salsa de tomate e a migalla de pan previamente remollada en leite. Deixamos a lume lento uns poucos minutos, ata que se fundan os ingredientes. Retiramos do lume, engadimos os ovos batidos e mesturamos.

Enchemos as berenxenas. Untámolas con aceite, pasámolas por pan moído e finalizamos gratinando ao forno.

Para a salsa de acompañamento, vertemos o iogur nun cunco e remexemos cunha culler ata conseguir unha consistencia máis fluída. Engadimos a cullerada de aceite de oliva e o zume de medio limón. Revolvemos ata que se mesturen ben os ingredientes. Salpementamos ao gusto e incorporamos un pouco de coendro picado. Podemos presentar o mollo no mesmo cunco.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.