Benestar Social e RedeAxuda ofrecerá asesoría xurídica e administrativa á comunidade venezolana

Pontevedra
23 de xullo 2019

A medida plantexouse durante un encontro mantido na Casa Azul pola edil Paloma Castro con voceiros de Cáritas, Fundación Amigos de Galicia, Calor y café, Fundación Secretariado Xitano, Club de Leones, Rexurdir e Fundación Meniños

Reunión da concelleira Paloma Castro cos colectivos de RedeAxuda Concello de Pontevedra

A concelleira de Benestar Social do Concello de Pontevedra, Paloma Castro, mantivo este martes un encontro cos colectivos que forman parte de RedeAxuda.

Na mesma falouse de posibles medidas para axudar á comunidade venezolana que chegou recentemente á cidade debido á inestabilidade política que se vive no seu país.

Neste sentido decidiron buscar fórmulas de colaboración para ofrecer asesoría xurídica e administrativa que lles facilite a súa adaptación.

Segundo sinalou a edil socialista, aínda que as asociacións transmitíronlle que a situación das familias de Pontevedra mellorou con respecto aos anos de crises "o número de inmigrantes que proveñen de Venezuela aumenta cada vez máis e, na maior parte dos casos, tardan ata dez meses en obter os seus papeis, non podendo traballar legalmente mentres esperan por eles".

Na reunión cos colectivos de RedeAxuda, exposta como unha primeira toma de contacto, participaron portavoces de Cáritas, Fundación Amigos de Galicia, Calor y café, Fundación Secretariado Xitano, Club de Leones, Rexurdir e Fundación Meniños.