A Xunta de Galicia recoñeceu ao belén artesanal instalado en Moraña como 'axente dinaminzador' na súa contorna.
Fíxoo tras a visita da conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Este belén do Nadal conta con preto de 100 metros cadrados de superficie.
Está situado no edificio Multiusos de Moraña.
Pode visitarse de luns a sábado de 17.00 a 20.30 horas e os domingos e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas.
Trátase dunha iniciativa impulsada pola Asociación de Mulleres Rurais O Menhir.
Na súa visita ao belén de Moraña a conselleira destacou a importancia deste tipo de iniciativas por dar valor ao labor que realizan as mulleres de contornas rurais, dinamizando os núcleos de poboación nos que se atopan.
A deste ano é a sexta edición do belén, titulado nesta ocasión '9 parroquias, 9 razóns'.