Barro saca a licitación a xestión do ciclo da auga do polígono de Outeda

Barro
27 de xaneiro 2022

O pleno ordinario da corporación muncipal, que se celebrou na tarde do mércores, aprobou o prego que rexerá a licitación da xestión do ciclo integral da auga no polígono industrial de Outeda. A duración do contrato será de 10 anos e terá un orzamento de saída de 2.575.455 euros que os licitadores poderán minorar.

Polígono de Outeda (Barro) Concello de Barro

O pleno ordinario da corporación muncipal, que se celebrou na tarde do mércores, aprobou o prego que rexerá a licitación da xestión do ciclo integral da auga no polígono industrial de Outeda. A duración do contrato será de 10 anos e terá un orzamento de saída de 2.575.455 euros que os licitadores poderán minorar.

A empresa que resulte finalmente adxudicataria do servizo deberá facerse cargo da xestión da captación, do tratamento e da distribución da auga, así como da xestión da rede de sumidoiros e da depuración das augas residuais do polígono segundo a normativa comunitaria ambiental.

Desde que o goberno municipal asumiu a recepción do polígono de Outeda, o Concello inviste anualmente máis de 100.000 euros no complexo industrial.

Desa cantidade, aproximadamente o 50% dedícase ao mantemento e a cantidade restante a abaratar os recibos que as empresas teñen que pagar polos servizos, para facer desa maneira que o solo industrial de Barro sexa o máis atractivo posible para as empresas. Aprobouse cos votos favorables de BNG e PSOE e coa abstención do PP.

Tamén se aprobou un convenio entre o concello e a Deputación para a execución dun proxecto de mellora da eficiencia enerxética das depuradoras municipais, que na actualidade teñen un consumo eléctrico de máis de 30.000 euros anuais.

Con estas actuacións prevese un aforro de máis do 30% e estará financiado nun 80% con fondos FEDER a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), nun 10% pola Deputación de Pontevedra e noutro 10% con fondos propios do Concello de Barro.

O convenio foi aprobado cos votos favorables de BNG e PSOE e en contra do PP.

Ademais destes acordos, tamén se aprobou a o prego para a contratación do alugueiro dos muíños destinados a bar de Barosa para os próximos dez anos.