A feira ambulante de Barro retoma a súa actividade este próximo domingo 1 de setembro, despois da paréntese do verán. O lugar e horarios mantéñense sen cambios, a contorna do Pazo da Crega a partir das 16.00 horas, onde estarán instalados postos de téxtiles, calzado, alimentación e plantas, entre outros.
Desde o Concello, a Concellería de Turismo, Festas e Feiras, co obxectivo de incentivar o comercio, abre un concurso a través de redes sociais. Desta forma quen queira participar teñen que enviar fotografías coas compras realizadas ao correo electrónico omix@barro.gal entre o 8 e o 16 de setembro.
Estas fotografías publicaraas o Concello a través do perfil de Facebook da OMIX de Barro o 19 de setembro. As dúas imaxes que reciban máis retroalimentacións positivas serán premiadas con vales de 100 e 50 euros para compras na feira ambulante.
Daranse a coñecer a través da web municipal e os perfís de Facebook da OMIX e do Concello de Barro. A entrega de vales será o domingo 29 na propia feira