Barro recupera un antigo lavadoiro en Agudelo

Barro
29 de febreiro 2024

Trátase dun elemento importante no pasado xa que se utilizaba tamén como subministración de auga para vivendas e como pozo de regadío 

Lavadoiro reacondicionado na parroquia de Agudelo Concello de Barro

O Concello de Barro concluíu as actuacións necesarias para recuperar un antigo lavadoiro situado na parroquia de Agudelo. Unha mellora que se enmarca na súa aposta por recuperar e poñer en valor elementos patrimoniais públicos no municipio.

Durante as obras reparouse e reforzou a cuberta, reparouse tamén o pozo de regar, mellorouse a recollida de augas e saneouse toda a contorna.

A actuación supuxo un desembolso de case dez mil euros correspondentes a fondos propios do Concello de Barro.

Dado que se trataba dun elemento importante no pasado xa que se utilizaba tamén como fonte de auga para vivendas e como pozo de regadío para as leiras de labranza, o Concello quixo manter neste proxecto de reacondicionamiento a tipoloxía orixinal da construción.