A través dunha reunión, as comunidades de Montes e o Concello de Barro decidiron adquirir unha marcadora destinada á asociación Stop Velutina, que se encarga de eliminar niños da avespa asiática.
Este sistema da marcadora consiste nunha pistola de aire comprimido que dispara bólas conxeladas, que se atopan cargadas con insecticida. Esas bólas permanecen no niño e se desconxelan co paso do tempo eliminando a estes insectos invasores.
Trátase dunha ferramenta que complementa á pértega e ao spray, ademais diminúe o uso de insecticidas, segundo apunta a asociación Stop Velutina.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes acudía a este encontro e recoñeceu publicamente o traballo que desenvolve o colectivo Stop Velutina eliminando niños da avespa ao mesmo tempo que agradecía a colaboración das comunidades de Montes.