Barrantes queda co primeiro premio do concurso de catas da 50 Festa do Viño Tinto do Salnés

O Salnés
04 de xuño 2023

Presentáronse 115 viños tipo Barrantes e 31 autóctonos. O premio Viño Tinto foi para Marina Porto Vázquez, de Barrantes e na modalidade de Viños Autóctonos vencía a Bodega A Capitana, de Cambados

Entrega de premios do concurso de cata de viños na L Festa do Viño Tinto do Salnés Concello de Ribadumia

O concurso das catas finais da 50 edicición da Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación dás Variedades Autóctonas xa ten gañadores. 

A esta edición presentáronse 115 viños tipo Barrantes e 31 autóctonos co seguinte resultado.

Gañadores de Viño Tinto:

1. Marina Porto Vázquez (Barrantes)
2. Jose Barros Vázquez (Sisán)
3. Ramón Pintos Mougán (Besomaño)
4. David Gondar Villanueva (Ribadumia)
5. Rafael Núñez Serantes (Ribadumia)
6. Daniel Gondar Villanueva (Ribadumia)


Gañadores autóctonos:

1. Bodega A Capitana (Cambados)
2. Francisco Javier Vieites Santos (Corbillón)
3. Marcelino Serantes Escudeiro (Barrantes)
4. Carmelo Vieites Santos (Corbillón)
5. D’Arvelos (Villalonga)
6. Antonio Gondar Moldes (Meaño)

Desde o Concello de Ribadumia agradecen a elevada participación dos profesionais das adegas durante este ano e ao comité de catas no proceso de selección.

Este domingo a festa volve presentar numerosas actividades coa VI Andaina Solidaria; animación polas rúas; showcooking; a misa cantada pola Coral Santa Mariña de Cambados, Os Carballeiras e Volandeira. Tamén haberá Sesión Vermú co Grupo Acibeche.

Durante a tarde, a praza do Concello acolle espectáculos de clown e circo cunha Disco Móbil Infantil. Ás 19.30 horas será o concerto de Añoranza e M.80, para finalizar coa verbena a cargo da orquestra Panorama e fogos artificiais