Balance exitoso da I Semana Grande de Soutomaior

Soutomaior
07 de agosto 2024

Este mércores 7 remata a celebración da I Semana Grande de Soutomaior coa Romaría de San Caetán na ermida situada no Castelo de Soutomaior. O Concello destaca a alta participación nestas festas "necesarias" para a comunidade veciñal

Actuación de CINEMA Concello de Soutomaior

Este mércores 7 remata a celebración da I Semana Grande de Soutomaior coa Romaría de San Caetán na ermida situada no Castelo de Soutomaior.

O Concello destaca a alta participación nestas festas "necesarias" para a comunidade.

A Semana Grande comezou o 2 de agosto co "chupinazo" e culmina tras seis días de numerosas actividades.

O Día do Patrón, 6 de agosto, destacou pola sesión vermú amenizada por Balbuena & Seoane e a multitudinaria procesión do Divino Salvador coa Banda Artística de Arcade.

Pola noite, a orquestra CINEMA atraeu centos de persoas ao Torreiro da Feira do dez na Candán.

O alcalde, Manu Lourenzo, expresou a súa satisfacción, destacando que estas festas "chegaron para quedarse", subliñando o éxito en facer pobo e veciñanza.

Lourenzo anunciou que xa están a traballar na programación do próximo ano, tomando nota dos erros e acertos desta edición.

A Semana Grande, segundo o goberno local, consolidouse como un evento que marcará as celebracións futuras de Soutomaior, creando unha tradición que perdurará xeracións.