Baixan as hospitalizacións mentres que os contaxios seguen disparados

Pontevedra
15 de xullo 2021

O Servizo Galego de Saúde notifica este martes 1.285 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 183 novos casos confirmados por probas diagnósticas de infección activa nas últimas 24 horas

Un grupo de persoas paseando pola rúa Cristina Saiz

O Servizo Galego de Saúde notifica este xoves 1.285 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. 

Son 183 novos casos confirmados por probas diagnósticas de infección activa nas últimas 24 horas.

O número de pacientes hospitalizados é de 11 persoas atendidas na área sanitaria, son dous ingresados menos que onte mércores. Dez deles están hospitalizados en planta, sete deles no Hospital Montecelo e un no Hospital do Salnés. Outros tres están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.

O resto dos que contraeron o virus, 1.274 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.

Desde o inicio da pandemia 14.473 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse 46 persoas.

Durante a pandemia rexistráronse 181 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 261.147, nas últimas 24 horas fixéronse 842. 

A estas probas súmanse as 92.473 probas de antíxenos e outras 96.320 probas de detección realizadas ata a data.

Para este mércores están convocadas 2.400 persoas no Recinto feiral de Pontevedra e outras 900 en Fexdega para ser vacinados con Pfizer segundas doses do grupo 40-49 anos e Jansen para grupos de características especiales.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.208 deles 1.191 son da área da Coruña, 631 da de Lugo, 1.429 da de Ourense, 1.285 da de Pontevedra, 1.591 da área de Vigo, 817 da de Santiago e 264 da de Ferrol.

O número de contaxiados pasou dos 766 de onte aos 1.097 de hoxe, unhas cifras que non se vían desde principios do pasado mes de febreiro. A nivel galego prodúcese un considerable aumento de hospitalizados, que son xa 21 máis que a semana pasada.

Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 65 en unidades de hospitalización e 7.129 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.228 persoas curadas, rexistrándose 2.441 falecementos.

A incidencia a 14 días sobe de 226 a 257 e a incidencia a 7 sobe de 159 a 184.

O número de PCR realizadas é de 2.438.737.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.196.112.