Baixa o paro na provincia durante o mes de decembro

Pontevedra
03 de xaneiro 2020

A provincia de Pontevedra sitúase con 65.004 desempregados, 270 menos que no mes de novembro. O dato positivo mellora en comparación co do mes de decembro de 2018 ao rexistrarse 2.188 parados menos. En Galicia o paro descendeu en 351 persoas

Persoal traballando Daniel Lobo - Flickr

A provincia de Pontevedra sitúase con 65.004 desempregados, 270 menos que no mes de novembro. O dato positivo mellora en comparación co do mes de decembro de 2018 ao rexistrarse 2.188 parados menos.

En Galicia o paro descendeu en 351 persoas, situándose a cifra de persoas desempregadas na comunidade en 165.308. En comparación co dato rexistrado en decembro de 2018, tamén se produciu un descenso interanual de 3.987 persoas.

No conxunto de España, 2019 concluíu con 3.163.605 persoas sen emprego, segundo as cifras facilitadas polo ministerio de Traballo. Desta forma ao longo do pasado ano rebaixouse a cifra de parados en 38.692 persoas. Un dato que, con todo, é o peor en canto a descenso do desemprego desde 2013.