O Ministerio de Traballo publicou este xoves 3 de novembro os datos do paro rexistrado nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) correspondentes ao pasado mes de outubro que indican que na Pontevedra capital o paro baixou o pasado mes de outubro en 22 persoas menos situándose o número total de desempregados en 4.883 persoas.
En Barro 207 (7), Campo Lameiro 90 (5), Cerdedo-Cotobade 275 (10), Poio 890 (9), Ponte Caldelas 391 (8) e Vilaboa 276 (0).
Marín 1.330 (22) e Bueu 608 (-31).
Na comarca del Salnés, Cambados 702 (-52). O Grove 499 (-30), Meaño 225 (-27), Meis 244 (7), Ribadumia 212 (-20), Sanxenxo 677 (-38), Vilagarcía 2.677 (-85), Vilanova 575 (-51), A Illa de Arousa 191 (-21).
En Caldas de Reis o número de persoas paradas sitúase en 510 (-25), en Cuntis 227 (1), Moraña 212 (-15), Portas 172 (10).
PROVINCIA
na provincia de Pontevedra o número de persoas desempregadas baixou en 122 menos situando o total de parados en 55.896 persoas.
De modo que esta provincia contribuíu á caída do desemprego en outubro, cunha baixada do 0,22%. Na provincia da Coruña baixou en 327 demandantes, o que supón un descenso do 0,57%. Por contra incrementouse o pasado mes o paro en Lugo en 28 persoas e 32 en Ourense.
GALICIA
En Galicia o número de parados rexistrados nas oficinas do antigo Inem baixou en 389 persoas en outubro, un 0,27%, por baixo da media, ata situar o total en 143.720 desempregados.
En comparación con outubro de 2021, o desemprego reduciuse en 10.325 persoas na comunidade galega, o que representa un descenso do 6,7%.
ESPAÑA
No conxunto do estado, o paro rexistrado nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) baixou en 27.027 persoas (-0,92%) no mes de outubro. Trátase da redución máis intensa neste mes na serie histórica nun período no que, habitualmente, aumenta o paro. O Goberno destaca que "grazas á Reforma Laboral suavízanse os efectos dunha temporalidade ata o de agora moi acusada e consolídase, aos poucos, a estabilidade".
A ministra de Traballo, Yolanda Díaz subliñou que o paro só reduciuse neste mes en 2021 e que todos os sectores económicos experimentan un descenso do paro.
Hai un total de 212.118 menores de 25 anos en paro, a cifra máis baixa da serie nun mes de outubro. Ademais, o desemprego redúcese entre ambos os sexos e o 45,8% dos contratos rexistrados ha tido carácter indefinido.
En España o paro rexistrado sitúase nun total de 2.914.892, a cifra máis baixa nun mes de outubro desde o ano 2008. En termos desestacionalizados, o paro rexistrado baixa en 104.915 persoas.