Baixa o paro en 3.077 persoas nun mes marzo "histórico" na provincia de Pontevedra

Pontevedra
06 de abril 2015
Actualizado: 17:33

En concreto, a cidade de Pontevedra pechou o mes con 155 persoas menos anotadas nas listas do paro, segundo desvelou este luns a Consellería de Traballo e Benestar. Marzo péchase con 8.254 demandantes de emprego, un 1,84% menos que en febreiro

Traballador dun hotel Obra Social La Caixa

A Semana Santa non foi unicamente positiva a nivel turístico. Tamén axudou a mellorar de forma notable os datos de desemprego en Pontevedra, facendo que o mes de marzo fose "histórico", segundo a valoración xeral que fixo o Goberno central. En concreto, a cidade de Pontevedra pechou o mes con 155 persoas menos anotadas nas listas do paro, segundo desvelou este luns a Consellería de Traballo e Benestar. Marzo péchase con 8.254 demandantes de emprego, un 1,84% menos que en febreiro.

Con estas cifras, a capital segue tendo menos parados que hai un ano. Entón, 8.666 pontevedreses estaban rexistrados como demandantes de emprego na cidade, un 4,75% máis que este mes de marzo.

As cifras de paro rexistran descensos en todos os concellos das comarcas de Pontevedra, O Salnés, O Morrazo e Caldas cunha única excepción: Vilanova de Arousa. Os que mellor comportamento tiveron foron, especialmente, aqueles cunha maior tendencia a atraer turistas como O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa ou Poio.

     Marzo 2015       Febreiro 2015    Variación mensual 
Pontevedra8.2548.407-155 (-1,84%)
Barro386421-35 (-8,31%)
Bueu1.0931.146-53 (-4,62%)
Caldas de Reis1.1041.147-43 (-3,75%)
Cambados1.6601.666-6 (-0,36%)
Campo Lameiro211222-11 (-4,95%)
Cotobade456491-35 (-7,13%)
Cuntis500533-33 (-6,19%)
O Grove1.1291.283-154 (-12,00%)
A Illa de Arousa597621-24 (-3,86%)
A Lama252267-15 (-5,62%)
Marín2.3762.423-47 (-1,94%)
Meaño580620-40 (-6,45%)
Meis542586-44 (-7,51%)
Moraña497522-25 (-4,79%)
Poio1.6181.698-80 (-4,71%)
Ponte Caldelas679686-7 (-1,02%)
Portas315339-24 (-7,08%)
Ribadumia500529-29 (-5,48%)
Sanxenxo1.6641.815-151 (-8,32%)
Vilaboa647663-16 (-2,41%)
Vilagarcía de Arousa4.7504.859-91 (-2.24%)
Vilanova de Arousa1.2461.2460 (0%)

 

DATOS PROVINCIAIS

Pola súa banda, o número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego (antigo Inem) na provincia de Pontevedra baixou en marzo en 3.077 persoas e sitúa a cifra total en 100.375 persoas.

Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en Pontevedra en 9.881 persoas, cunha taxa de redución interanual que se sitúa no 8,96%.

Galicia, con 5.412 parados menos, foi a cuarta comunidade onde máis caeu o desemprego. O Ministerio de Emprego ten rexistrados 4.451.939 parados en España, 252.137 en Galicia.

Arquivado en