A baioterapia chega á Azucreira de Portas con 300 estudantes da UNED sénior

Umia
26 de novembro 2024
Actualizado: 19:30

Dirixidos Luciano Ricardo Gomes dos Santos e Reynaldo Aldana Sandoval, profesores de bailes latinos, mostrarán ao público as vantaxes desta actividade e diversas coreografías

Clase final de Bailoterapia da UNED Sénior Mónica Patxot

O auditorio municipal da Azucreira de Portas acollerá o vindeiro venres , 29 de novembro, ás 18.00 horas, un espectáculo gratuíto de bailoterapia.

Participarán 300 alumnos e alumnas de máis de 55 anos pertencentes á UNED Sénior das aulas de Pontevedra, Lalín, Tui, O Porriño, Vigo e Portas.

Os estudantes estarán dirixidos por Luciano Ricardo Gomes dos Santos e Reynaldo Aldana Sandoval, profesores de bailes latinos.

A UNED Sénior trasladará a súa clase a Portas para presentar as distintas coreograrías que este alumnado foi aprendidendo ao longo deste ano académico.

O coordinador de Extensión Universitaria e de Actividades Culturais, Rafael Cotelo Pazos, sinalou que a bailoterapia converteuse nunha actividade crave dentro dos programas da UNED Sénior, promovendo o benestar físico e emocional das persoas maiores.

Segundo explicou, neste encontro reúnen aos diferentes grupos de bailoterapia da provincia para compartir unha xornada de movemento, música e convivencia. Celebra os logros dos participantes no seu camiño cara a unha vida máis activa e saudable e fomenta a interacción entre os distintos centros, fortalecendo os lazos comunitarios e o espírito colaborativo.

A xornada terminará cunha degustación de chocolate e rosca.