Avanzan as obras na contorna da Peixería e no campo de San Roque

Sanxenxo
12 de xaneiro 2025

O proxecto conta cun investimento de case un millón de euros e busca, entre outras cousas, recuperar a fachada dun dos miradoiros máis emblemáticos de Portonovo

Obras de renaturalización da contorna da Peixeira e do campo de San Roque Concello de Sanxenxo

As obras de renaturalización da Peixeira e a mellora do campo de San Roque, en Sanxenxo, continúan coa recuperación da fachada marítima e a construción do novo itinerario peonil.

Este ambicioso proxecto, que conta cun investimento de case un millón de euros, ten como obxectivo recuperar a fachada marítima dun dos miradoiros máis emblemáticos de Portonovo e mellorar a conexión entre a praza e a fronte marítima.

As obras, que están a ser financiadas no seu maior parte pola Deputación de Pontevedra a través do programa PON2030, inclúen a construción de novas plataformas e ramplas accesibles que conectarán a Praza de San Roque coa Avenida de Pontevedra.

Ademais, están a realizar un importante labor de desmantelamento do muro de contención existente para renaturalizar e descontaminar a fronte costeira, eliminando as barreiras arquitectónicas, visuais e ambientais.

Tamén buscarán recuperar a paisaxe incluíndo especies arbóreas autóctonas (piñeiro atlántico) e utilizarán os materiais de demolición para distintos elementos do mobiliario.

En canto á iluminación, substituirán a actual por outra cunha proxección máis baixa e integrada nos muros e varandas de bloque de formigón xerados.