O Concello de Marín segue dando pasos no proxecto para habilitar unhas piscinas naturais de auga salgada na contorna do Pasel Alcalde Blanco.
Trátase dun proxecto que o goberno local defende como un impulso a nivel turístico, ademais da mellora que supoñerá do espazo urbano.
"Estamos a realizar os trámites para obter a documentación que fai falta para a elaboración do informes necesarios para avanzar neste proxecto", explicou a alcaldesa de Marín, María Ramallo.
Un deses informes, centrado na realización dunha barimetría ou estudo do fondo acuático, foi encargado á empresa Aquática. "O obxectivo é poder analizar cal debe ser a mellor solución técnica para poder levar adiante o proxecto tendo o mínimo impacto ambiental posible", defende a rexedora.
Tamén está previsto contar cun estudo xeotécnico e outro de estabilidade do peirao, para coñecer o estado dos muros que circundan o espazo acuático. Este estudo será realizado pola empresa Enmacosa.
Ramallo asegurou que unha vez se termine coa elaboración destes estudos previos "estaremos en disposición de poñer en marcha a licitación das obras do proxecto da propia piscina".
Paralelamente, sinala o Concello, trabállase nun deseño de urbanización para a contorna das piscinas coa idea de integralas o másximo posible no deseño urbano da vila.