Autoridades pontevedresas consideran "intolerable" a suba das peaxes na AP-9

Pontevedra
17 de novembro 2022

A proposta de Audasa -pendente de ser aprobada polo Goberno- de subir o prezo das peaxes na autoestrada AP-9 en máis dun 9% a partir do próximo 1 de xaneiro deuse de bruzos co rexeitamento unánime de cidadáns e autoridades pontevedresas, entre elas Miguel Anxo Fernández Lores e Carmela Silva

Carmela Silva e Miguel Anxo Fernández Lores Diana Eiras

A proposta de Audasa -pendente de ser aprobada polo Goberno- de subir o prezo das peaxes na autoestrada AP-9 en máis dun 9% a partir do próximo 1 de xaneirodeuse de bruzos co rexeitamento unánime de cidadáns e autoridades pontevedresas.

Os últimos en pronunciarse respecto diso, este mesmo xoves, foron o alcalde de Pontevedra e a presidenta da Deputación, Miguel Anxo Fernández Lores e Carmela Silva, que coincidiron en sinalar que a pretensión da compañía resulta "intolerable".

Tras lembrar que a AP-9 xa se atopa entre as vías de alta capacidade máis caras de todo o Estado español, Silva sostivo que Audasa "pode plantexar o que lle pareza", pero confía en que desde o ámbito político "non se atenda" esta reclamación.

"Reclamamos que non se suba a peaxe porque sabemos o custo que supón para os cidadáns", subliñou a presidenta provincial, que quixo lembrar que os responsables de chegar a esta situación "teñen nomes e apelidos".

Así, subliñou que foi o PP, con José María Aznar como presidente, quen alongou a concesión da AP-9 ata o ano 2048. Sen esa extensión, afirmou Carmela Silva, a autoestrada galega "xa sería totalmente pública e gratuíta".

Por iso é polo que Silva engadise que lle sorprende que os populares enarboren agora a "bandeira das reclamacións" sobre as condicións desta autoestrada. "Hai que facer memoria porque sen historia non hai verdade", sentenciou.

O alcalde de Pontevedra, pola súa banda, reiterou que a AP-9 está "amortizada" tras tantos anos de peaxe, polo que considera que é un "atraco a man armada" que se expoña unha nova subida. Esixe ao Goberno que non "perpetue" esta situación.