Augas de Galicia licita a redacción do proxecto de construción do novo bombeo e depósito de retención da Seca e de mellora da estación de bombeo de augas residuais do porto de Campelo, no municipio de Poio, por un importe superior aos 141.000 euros. As empresas interesadas en executar a obra, que debe realizarse en seis meses, teñen ata o 11 de maio para presentar as súas ofertas.
Enmarcada no plan de saneamento local da ría de Pontevedra, o obxectivo desta intervención é regular dunha mellor maneira o caudal enviado desde A Seca ata a estación de bombeo de augas residuais do porto de Campelo, así como mellorar as instalacións deste último. A execución da obra supoñerá un investimento superior aos 3 millóns de euros.
Na actualidade, o bombeo da Seca recibe augas residuais dunha gran extensión da rede de saneamento de Poio e en épocas de choiva non ten capacidade suficiente para bombear todo o caudal, polo que se producen alivios ao medio. A proposta para desenvolver consiste na execución dun depísto de retención con capacidade útil de 500 metros cúbicos previo ao bombeo, que permitirá laminar os caudais e reducir o volume de alivios. Do mesmo xeito, renovarase tamén o bombeo existente.
No caso do porto de Campelo, que bombea as augas residuais ata a estación de O Miradoiro, na praia de Lourido, o bombeo alivia á rede de pluviais, que descarga directamente á zona portuaria. A proposta prevista no plan de saneamento consiste na realización dun novo bokbeo de maior capacidade.
Para dar resposta a estas necesidades, o adxudicatario deberá incluír na súa proposta a análise da problemática, a obtención dos datos previos necesarios e un estudo das diferentes alternativas existentes e a selección da máis adecuada.