Atún "mirotón" ao estilo gourmet de Conservas Pescamar

Pontevedra
12 de decembro 2016

O peixe é un alimento esencial dentro de calquera dieta saudable, polo seu contido en materia graxa, proteínas, vitaminas e minerais.

Atún "mirotón" ao estilo gourmet de Conservas Pescamar Conservas Pescamar

Chegamos á sétima entrega de "A cociña gourmet en conserva". Para estes días de compras e compromisos sociais, traemos un prato fácil e rápido, coa calidade e o bo sabor que confiren as Conservas PESCAMAR.

O peixe é un alimento esencial dentro de calquera dieta saudable, polo seu contido en materia graxa, proteínas, vitaminas e minerais. Para a receita de hoxe, contamos co sabor suave do atún ao natural PESCAMAR, un produto moi prezado na cociña atlántica.

Trátase dun tipo de atún coñecido como "listado" ou "skipjack", polas súas liñas negras no abdome, que posúe unha carne firme, vermella e moi agradable ao padal.

Para preparar un saboroso atún ao natural PESCAMAR ao estilo "mirotón" necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de atún ao natural PESCAMAR

- 3 tomates maduros

- 1 lata pequena de tomate concentrado

- olivas negras ou verdes

- aceite de oliva, 1 cebola, 2 dentes de allo

- loureiro, sal e pementa branca

Elaboración:

Douramos nunha cazola a cebola e o allo previamente picados.

Pelamos os tomates, cortámolos en anacos e sofritimos na mestura de cebola e allo. Deixamos cocer media hora a lume lento.

Engadimos as olivas negras ou verdes sen óso, ao gusto, e o tomate concentrado.

Un cuarto de hora antes de servir, poñemos o atún ao natural PESCAMAR na cazola. Cocemos a lume moi lento coa folla de loureiro e salpementamos.

Podemos completar o prato engadindo arroz, previamente cocido, ou ben colocalo aparte nunha cunca como acompañamento. Neste segundo caso, recoméndase saltear o arroz en aceite.

Nuns días, farémosvos chegar unha nova suxestión culinaria para pechar o ano como se merece. Receitas de alta calidade da man de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas PESCAMAR.