Atraccións de rebaixas para despedir as festas ao grande

Pontevedra
22 de agosto 2016

O Día do Neno encheu este luns as atraccións das Festas da Peregrina por último día, con rebaixa nos tickets de venda de ata un 50%

Día do Neno nas atraccións das festas da Peregrina PontevedraViva

O tradicional Día do Neno pon o peche ás Festas da Peregrina cunha xornada de sorrisos e diversión.

Os descontos de ata un 50% nalgúns casos fixeron que moitos nenos aproveitasen a ocasión para montar por última vez este ano nos coches de choque, o saltamontes, a noria e as demais atraccións instaladas a contorna da avenida Montero Ríos, Raíña Victoria e a Alameda.

Aínda que desde primeira hora da mañá algunhas das atraccións, especialmente as destinadas aos máis pequenos, xa estaban abertas, foi a partir de media tarde cando a asistencia de mozos en busca de diversión volveuse multitudinaria.

AmpArticleViewer.default.tags