Atopan un cabalo desnutrido e a outros dous mortos nunha leira de Meis

O Salnés
20 de outubro 2019

O Refuxio de Animais de Cambados fixo público un novo episodio de malos tratos animais descubertos esta semana xunto a axentes da Policía Autonómica nunha leira de Meis

Intervención da Policía Autonómica nunha finca de Meis Refugio de Animales de Cambados

O Refuxio de Animais de Cambados fixo público un novo episodio de malos tratos animais descubertos esta semana xunto a axentes da Policía Autonómica nunha leira de Meis.

A colaboración veciñal revelou que nesta leira situada no lugar da Rochela, na parroquia de San Vicente de Nogueira, atopábase un cabalo en avanzado estado de desnutrición e había outros dous xa mortos, que xeraban un cheiro nauseabundo na zona.

A presidenta do Refuxio de Animais de Cambados, Olga Costa, anunciou que denunciarán ao propietario por malos tratos animais.

Esta mesma intención expresaron as organizacións animalistas, Libera e Fundación Franz Weber para que inhabiliten a ese gandeiro para ter animais, porque xa tivo problemas similares noutras ocasións.