Atasco na autoestrada tras sufrir un aparatoso accidente unha furgoneta cargada de cans

Pontevedra
02 de agosto 2019

Segundo informaron desde a Garda Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar sobre as 18.30 horas e consistiu nunha saída de vía da furgoneta que deu varias voltas de campá. Dúas persoas que viaxaban neste vehículo resultaron feridas

Retencións na AP-9 por un accidente PontevedraViva

O aparatoso accidente dunha furgoneta cun remolque no que transportaba varios cans provocou un quilométrico atasco na autoestrada AP-9, ao seu paso pola Xunqueira na parroquia pontevedresa de Alba e en sentido Santiago.

Segundo informaron desde a Garda Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar sobre as 18.30 horas e consistiu nunha saída de vía da furgoneta que deu varias voltas de campá. Dúas persoas que viaxaban neste vehículo resultaron feridas.

Os dez cans que transportaba o vehículo acabaron soltos pola estrada o que complicou a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

O accidente obrigou a cortar o carril dereito en sentido Santiago de Compostela da AP-9.

O 112 requiriu a intervención do 061- Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía, que se encargou de retirar os animais da autoestrada.