ASSEII inaugura unha exposición fotográfica dedicada a persoas con ostomía

Pontevedra
10 de decembro 2021

As imaxes foron captadas polo retratista Álvaro Laiz e están expostas no Palacete das Mendoza

Inauguración da exposición fotográfica de ASSEII sobre persoas con ostomía Mónica Patxot

A junta directiva da Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados (ASSEII), inaugura a primeira exposición itinerante sobre ostomía titulada “Heroes e Heroínas”.

Unha exposición fotográfica protagonizada e dedicada ás persoas con ostomía e ás súas enfermeiras estomaterapeutas. Trátase dunha homenaxe ao labor das enfermeiras, que atenden, coidan e apoian aos seus pacientes e un recoñecemento ás persoas que se enfrontaron na súa vida a unha ostomía.

As fotografías foron realizadas polo fotógrafo Álvaro Laiz, gañador dos Sony World Photography Awards na categoría de mellor  retratista fotográfico mundial.

Están expostas no Palacete das Mendoza.