Baixo a lema "Unha asociación, unha árbore", o Concello de Sanxenxo quere facer partícipe da decoración do Nadal aos colectivos do municipio.
Ao longo deste martes, operarios municipais colocaron 53 árbores con luces, un por cada asociación participante, nun total de once localizacións diferentes.
A concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, explicou que "a idea é que veciños e visitantes poidan realizar unha ruta para ver as distintas decoracións e, á vez, ser un motivo máis para mostrar o noso municipio".
O aceso dos "Recunchos de Nadal" realizarase o domingo 8, a partir das 19 horas.
Na Carballeira de Noalla colocaranse cinco árbores que serán decorados pola Asociación Xuvenil A Esmorga, Comisión Festas Virxe do Carme, Asociación Cultural Airiños da Lanzada, ANPA O Telleiro e a Comisión Nosa Señora da Lanzada. Na Capela de Aios, haberá dous abetos decorados pola Escola Unitaria de Aios e Asociación Xuvenil Os Raposos.
Na Praza de Vilalonga, coincidindo co aceso da Aldea do Nadal colocáronse seis árbores decoradas por Asociación Cultural Os Cruceiros, Mulleres Rurais A Candelaria, Asociación de Vecinos O Salnés, Comisión de Festas de Vilalonga, Anpa Cruceiro e Comisión de Festas de Gondar. Na Capela do Santo, en Nantes, haberá dúas árbores con decoración da Comisión de Festas de San Xoán e Santa Ana e a Anpa Romaíña.
A igrexa de Adina, contará con tres árbores, decoradas pola Asociación Cultural Os Gatiños, Comisión de Festas Adina e a Asociación de Vecinos de Adina. O Priorado de Arra contará este ano con tres abetos, un da Asociación de Vecinos de Arra e Catadorio, Aociación Cultural San Caetano e a Comunidade de Montes.
No parque O Espiñeiro de Portonovo haberá 11 árbores decoradas pola Asociación Cultural Os Gatiños, Mulleres Rurais Santa Catalina, Anpa Abrente, Anpa O Espiñeiro, Asociación Cultural Lembranzas, Coral Polifónica Santa María Adina e Portonovo, Asociación Ollares de Portonovo, Asociación Amigos da Dorna, Club Pensionistas Portonovo, Asociación Vecinos San Cristóbal e Comisión de Festas San Cristóbal e a Comisión de Festas San Cristóbal.
Na Praza Méndez Núñez, haberá tres árbores decoradas pola Asociación Rúa dos Viños de Portonovo. Na Praza do Pazo, serán 10 árbores os que decoren o espazo que serán adornados pola Asociación cultural Abiñadoira, Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán, Coro San Xinés, Sociedade Musical de Sanxenxo, Anpa San Xinés, Asociación O Cubreiro, Centro Comercial Urbán Entretendas, Club Pensionistas Sanxenxo e a AECC Sanxenxo.
Na Praza de Manuel Cortés, en Bordóns, haberá tres árbores decoradas pola Asociación Cultural San Pedro e a Asociación Cultural Soalleira. Na Bouza, Dorrón, haberá cinco abetos adornados pola Asociación Cultural Soalleira, Mulleres Rurais Celso Emilio Ferreiro, Asociación de Veciños San Xoán de Dorrón, a Comisión de Festas de Dorrón e a Anpa Pintillón.