Asistencia mínima ao cribado en Sanxenxo: só acudiron 604 persoas, o 17% das citadas

Sanxenxo
07 de setembro 2021

Só 604 das 3.500 persoas convocadas, todas elas de 15 a 39 anos, aceptaron someterse a este cribado, que se organizou na Sala Nauta. Ningunha delas deu un resultado positivo, engaden desde o Servizo Galego de Saúde

Cribado en Sanxenxo para detectar asintomáticos Servizo Galego de Saúde

Nin unha quinta parte das persoas citadas ao cribado de Sanxenxo, que as autoridades sanitarias realizaron nos últimos días para detectar portadores asintomáticos da covid-19, asistiu ao lugar de extracción das mostras.

604 das 3.500 persoas convocadas, todas elas de 15 a 39 anos, aceptaron someterse a este cribado, que se organizou na Sala Nauta.

É dicir, unicamente o 17% do total fixéronse a proba para comprobar se estaban contaxiados do coronavirus.

Ningún deles deu un resultado positivo, engaden desde o Servizo Galego de Saúde.