Así serán os cortes de tráfico durante as probas deste sábado dos Mundiais de tríatlon

Pontevedra
26 de abril 2019

A afección ao tráfico rodado só afectará os días en que se desenvolverán as probas, é dicir, este sábado, o domingo, o martes, o xoves e o vindeiro sábado 4 de maio

Vista da cidade de Pontevedra Juan Mejuto

Dende o 27 de abril ata o 4 de maio celébrase en Pontevedra un dos eventos deportivos máis importantes da axenda deportiva española deste ano. A celebración das distintas probas levará implícita importantes restricións de tráfico, non só na cidade, senón tamén na zona norte do municipio, especialmente na N-550 e PO-224 (Verducido e Xeve).

A afección ao tráfico rodado só afectará os días en que se desenvolverán as probas, é dicir, este sábado, o domingo, o martes, o xoves e o vindeiro sábado 4 de maio.

Este sábado 27 de abril son as probas de dúatlon, mañá e tarde.

A estrada nacional N-550, entre as 07.00 e as 10.45 horas, permacerá pechada ao tráfico dende avenida Compostela até o lugar de Briadorio (Barro). De 10:45 a 15 horas estará aberta á circulación, se ben non se poderá estacionar. De 15 a 20 horas pecharase a zona de Verducido-Xeve, dende Pontillón de Castro ata Bordel (PO-224).

No centro da cidade as rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico entre as 08:00 e as 21:30 horas, aínda que os percorridos serán distintos entre a xornada da mañá e tarde. Así na xornada de mañá (Entre as 8 e 15:30 horas) o percorrido é Pai Fernando Olmedo, Pai Gaite, Cruz Vemella, Salustiano Portela Paz, avenida de Bos Aires, Serra, Arcos San Bartolomé, Pai Illa, Gregorio Fernández, Sarmiento, Pasantería, Praza Ferrería, Soportais, Curros Enríquez, Ánimas, Don Gonzalo, Serra e Bos Aires con meta no Estadio da Xuventude.

Na xornada de tarde (entre as 15:30 e 21:30 horas) o percorrido é Pai Fernando Olmedo, Pai Gaite, Salustiano Portela Paz, avenida de Bos Aires, Serra, Arcos San Bartolomé, Rúa Pedreira, Praza Pedreira, Don Gonzalo, Sarmiento, Pasantería, Praza Ferrería, Praza Peregrina, Soportais, Curros Enríquez, Real, Sarmiento, San Xulián, Serra e avenida de Bos Aires e con meta no Estadio da Xuventude.

Dende a Policía Local lembran que queda totalmente prohibida a carga e descarga de mercadorías.

Na estrada N-550 habilitarase, en varios puntos, carrís de circulación co fin de que os veciños da citada estrada teñan a maior mobilidade posible, aínda que algúns, pola dificultade de habilitar estes carrís, terán que deixar os seus vehículos estacionados en lugares próximos que lles permitirá acceder a distintas vías de conexión coa cidade ou outros destinos.

Dende a Policía Local mantense o servizo de información (986 833080) para calquera incidencia ou dúbida

O mercado de abastos estará aberto os dous sábados, permitíndose tanto a mobilidade a pé como en vehículo a motor (o aparcadoiro da zona monumental tamén estará operativo).

Todos os estacionamentos disuasorios estarán operativos, agás o Recinto Feiral. A cidade terá, practicamente toda a mobilidade agás as rúas afectadas polo paso das probas. Todos os aparcadoiros, públicos e privados estarán operativos.

Os veciños das seguintes rúas: Cruz Vermella (dende o número 16 en adiante) Padre Amoedo, Cobián Roffignac, Alvaro Cunqueiro, Padre Luís, Laranxo e Santa Clara terán acceso por Cobian Roffignac e saída por Santa Clara dirección Padre Feijoo – San Antoniño.

Dende a Policía Local mantense o servizo de información (986 833080) para calquera incidencia ou dúbida.