A distribución da corporación e do goberno municipal de Barro para este mandato establecíase despois da celebración do pleno de organización nas últimas horas. A organización é consecuencia do acordo de goberno entre o BNG e o PSOE para estes vindeiros catro anos.
Durante esa sesión se estableceron as seguintes decisións:
Quedan como voceiros dos grupos políticos no pleno:
▪️ BNG: Roberto Rivas Reboredo
▪️ PSOE: José Sanmartín Soto
▪️ Xuntos: José Antonio Landín Eirín
▪️ PP: Eduardo Ruadas García
En canto a dedicacións e retribucións por asistencias a órganos colexiados:
▪️ Dedicación exclusiva do alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes: 34.500 euros brutos anuais
▪️ Media dedicación do primeiro tenende de alcalde, José Sanmartín Soto: 17.000 euros brutos anuais
▪️ Asistencia de concelleiros a Plenos: 100 euros
▪️ Asistencia de concelleiros a Xuntas de Goberno Local: 50 euros
▪️ Asistencia de concelleiros a comisións: 30 euros
O Goberno municipal está intregado por 5 concelleiros do BNG e por 3 do PSOE. O alcalde delega nos membros do Goberno as seguintes competencias. Todas as non delegadas expresamente son competencia directa da Alcaldía:
- BNG:
▪️ Xosé Manuel Fernández Abraldes: Alcalde
▪️ María Rocío Martínez Sartal: Medio ambiente, Promoción económica e Emprego
▪️ Roberto Rivas Reboredo: Cultura e Patrimonio
▪️María Amelia Cancela Cancela: Servizos sociais e Sanidade
▪️ Iván Bello Ferreiro: Accesos a núcleos, Seguridade viaria, Humanizacións, Medio rural, Normalización lingüística, Deporte e Xuventude
- PSOE:
▪️ José Sanmartín Soto: Obras e Servizos
▪️ Digna Lía Rodríguez Barros: Igualdade, Benestar, Educación e Muller
▪️ Rocío Touriño Reboredo: Festas parroquiais, Participación veciñal, Turismo e Feira.
A composición da Xunta de Goberno Local será a seguinte:
▪️ Xosé Manuel Fernández Abraldes: Presidente
▪️ José Sanmartín Soto: Primeiro tenente de alcalde
▪️ Iván Bello Ferreiro: Segundo tenente de alcalde
▪️ Digna Lía Rodríguez Barros: Terceira tenente de alcalde
Por último, a comisión especial de contas e comisión informativa de asuntos ao pleno confórmase con estes integrantes:
▪️ Presidente: Xosé Manuel Fernández Abraldes
▪️ BNG 3 : Mª Rocío Martínez Sartal, Amelia Cancela Cancela e Iván Bello Ferreiro
▪️ PSOE: 2: José Sanmartín Soto e Digna Lía Rodríguez Barros
▪️ Xuntos 1: José Antonio Landín Eirín
▪️ PP 1: Eduardo Ruadas García