Así foi a Batalla de Flores de Pontevedra

Pontevedra
18 de agosto 2022

A Batalla de flores é un clásico do verán pontevedrés e un dos espectáculos que máis ilusión xera entre os nenos, que aplauden e celebran o paso das carrozas polas rúas da cidade, á vez que xogan cos centos de miles de papeluchos que voan polo aire. Visita a nosa galería máis de cen fotos

Batalla de flores 2022 Cristina Saiz

A Batalla de flores é un clásico do verán pontevedrés e un dos espectáculos que máis ilusión xera entre os nenos, que aplauden e celebran o paso das carrozas polas rúas da cidade, á vez que xogan cos centos de miles de papeluchos que voan polo aire. 

Este ano, a Batalla de Flores contou cun percorrido máis longo, pasando polas rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac e Pai Amoedo. 

Participaron os tradicionais Xigantes e cabezudos asustando aos máis pequenos e suscitando recordos aos máis maiores. A continuación desfilaron enormes flores e avestruces montadas por xinetes que dirixían ás aves cara ao público.

A carroza dosPokemon foi a primeira en encher de confeti as rúas lanzado por nenos con gorro de Pikachu. Os máis fanáticos recoñecían admirados as enormes figuras de Mewtwo e de Charizard.

A música das agrupacións folclóricas mesturábase coas risas que provocaban os pallasos cos seus balóns xusto antes de chegar a carroza dos Trolls que desfilou seguida de elefantes, jirafas, cebras ou hipopótamos... todos eles inchables e da carroza de Gerónimo Stilton e os seus amigos ou a de Super Mario.

Construídos con miles de globos desfilaron unha piñata, enormes dragones e crocodilos e varios Minions que parecían escapar duns xigantes hippies moi psicodélicos.

Micky, Minnie e Pluto percorrían as rúas noutra carroza e como non tamén houbo malabaristas, acróbatas, zancudos, equilibristas... e a carroza de ‘Raia, o último dragón’ e os artistas de "Máis cantos".