Así é o programa definitivo da feira do benestar 'PonteSan'

Pontevedra
25 de setembro 2020

O evento, organizado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde en colaboración coa Deputación, incorpora un 'Showcooking de Cociña Saudable' a cargo de Ketty Fresneda, finalista de Martechef 2018

Ketty Fresneda Fernández concursou na sexta edición do concurso televisivo MasterChef Mónica Patxot

A I Feira da Saúde e do Benestar de Pontevedra 'PonteSan', xa ten programa definitivo.

O evento, organizado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde en colaboración coa Deputación, incorpora un 'Showcooking de Cociña Saudable' a cargo de Ketty Fresneda, finalista de Martechef 2018. A propietaria do restaurante Kutún de Pontevedra, cociñeira e dietista, ofrecerá a clase a partir das 13:00 horas do sábado 26 no recinto establecido na Praza de España.

Pola súa banda, Vitoria Aldea, médico do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra, protagonizará unha charla sobre a 'Campaña de Vacinación Antigripal' que empezará ás 11:30 horas.

A inauguración será a partir das 10:30 horas e correrá a cargo do tenente de alcalde, Tino Fernández, o deputado provincial, Carlos López Font, e a subdelegada do Goberno de Pontevedra, Maica Larriba, e darán paso a dúas xornadas cheas de saúde e deporte. A Feira abrirá as súas portas de maneira gratuíta o sábado de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas, e o domingo entre as 10:30 e as 14:00 horas.

Por último, o Concello lembra a obrigatoriedade da máscara e informa que se realizará un control de temperatura nos accesos, instalaranse dispensadores de xel hidroalcohólico e haberá un equipo que controlará o mantemento das distancias de seguridade e evitará aglomeracións para que se cumpra o aforo máximo permitido de 150 persoas.

Consulta aquí o programa enteiro da I Feira de Saúde e do Benestar de Pontevedra 'PonteSan'.