Así é a programación da XVII Feira Franca adicada á música

Pontevedra
31 de agosto 2016

A Concellaría de Festas remata estes días coa ambientación das rúas do centro histórico e tamén da Alameda, espazos de celebración da Feira Franca, e ten pechada toda a programación de actividades promovidas tanto polo Concello como por todas as entidades e asociacións que integran o Consello da Feira Franca

Voda medieval na Feira Franca Cristina Saiz

Pontevedra xa está engalanada para celebrar este venres e sábado a XVII edición da Feira Franca, festa declarada de interese autonómico e que concentra a miles de persoas durante esas dúas xornadas. Nesta ocasión, o fío condutor será a música.

A Concellaría de Festas remata estes días coa ambientación das rúas do centro histórico e tamén da Alameda, espazos de celebración da Feira Franca, e ten pechada toda a programación de actividades promovidas tanto polo Concello como por todas as entidades e asociacións que integran o Consello da Feira Franca.

A programación é a seguinte:

Venres 2 (Xornada inaugural)

  • 19.00 h. Pregoeiros a cabalo anuncian polo centro histórico o comezo da XVII edición da Feira Franca.
  • 22.30 h. Espectáculo Sons da Terraa cargo das compañías Kull d’Sak e Troula na praza da Ferraría. O lume, a música e as acrobacias en altura serán os fíos condutores do espectáculo.

 

Sábado 3. Día da Feira Franca

  • 11.30 h. Apertura do mercado medieval (avda. de Santa María) e da mostra de oficios (praza da Ferraría e do Peirao).
  • 11.30 h. Cantigas de Afonso X e música medieval, Asociación Cultural Pola Vila. Centro histórico.
  • 12.00 h. Recreación do transporte do viño pola asoc. Recriativa de Xeve, Art Monium, animación, música, representacións... Percorrido: rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría e remate na praza da Peregrina.
  • 12.30 h. Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa, na Gran Vía de Montero Ríos.
  • 12.30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, Mercenarios do Norte, na Verdura.
  • 13.00 h. Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos.
  • 13.30 h. Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.
  • 17.00 h. Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa, en Montero Ríos.
  • 17.00 h. Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.
  • 17.30 h. Gran torneo medieval do grupo de especialistas Hípica Celta na praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade; polas portas 2, 3 e 6.
  • 17.30 h. Exhibición de danza, Club Treboada, en Montero Ríos.
  • 17.30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, Mercenarios do Norte, a Ferraría.
  • 18.00 h. Cantigas de Afonso X e música medieval, Asociación Cultural Pola Vila. Centro histórico.
  • 18.30 h. Música e bailes medievais a cargo da Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, na Peregrina.
  • 18.30 h. Competición-exhibición de tiro con arco, Club Boa Vila, en Montero Ríos.
  • 19.00 h. Animación medieval polo centro histórico a cargo de Olodum do Coio.
  • 19.00 h. Pasarrúas de bufóns e trobadores polas rúas do centro histórico.
  • 19.30 h. Exhibición de danza a cargo do Club Treboada, en Montero Ríos.
  • 19.30 h. Pasarrúas. Art Monium. Centro histórico.
  • 20.00 h. Gran torneo medieval do grupo de especialistas Hípica Celta na praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade; polas portas 2, 3 e 6.
  • 21.00 h. Pasarrúas. Art Monium. Centro histórico.
  • 21.00 h. Cantar de cego e música medieval a cargo de Foula polas rúas do centro histórico.
  • 21.45 h. Pasarrúas dos Errantes. Centro histórico.
  • 23.00 h. Pasarrúas e fin de festa a cargo de Art Monium polas rúas do centro histórico. 

 

AmpArticleViewer.default.tags