Aseos adaptados para pacientes ostomizados, petición do PP para os edificios dependentes da Deputación

Pontevedra
16 de setembro 2020

O Partido Popular recolle as peticións deste colectivo e presentará unha moción no pleno ordinario reclamando que se dote de maneira progresiva aos edificios da Deputación destes aseos adaptados

Aseos adaptados para pacientes ostomizados

No pleno de setembro, o grupo provincial do PP pedirá que se instalen nos diferentes edificios da Deputación de Pontevedra aseos que se atopen adaptados para pacientes ostomizados.

Esta proposta leva a cabo atendendo ás demandas deste colectivo de persoas afectadas pola enfermidade na provincia. Pepa Pardo, deputada popular, considera que é necesaria ese investimento porque supoñerá unha importante mellora na calidade de vida dos afectados. Espera, neste sentido, que se aprobe por unanimidade.

A representante popular considera que é necesario que as institucións apoien a estas persoas "invisibles" socialmente para converterse en modelo e permitir que para estes pacientes non se converta nun problema saír da súa casa.

En 2017, o Hospital Montecelo convertíase no primeiro centro hospitalario español que contaba cun aseo adaptado para persoas ostomizadas, medida que se foi estendendo a outros centros sanitarios de Galicia.