ASAMPO lembra que aínda é posible inscribirse na XIII Pontevedrada

Pontevedra
18 de abril 2023

A Pontevedrada 2023, organizada pola Asociación Amigos de la Pontevedrada (ASAMPO), está a piques de dar comezo á súa decimoterceira edición    

Saída da da Pontevedrada 2022

A Pontevedrada 2023, organizada pola Asociación Amigos de la Pontevedrada (ASAMPO)está a piques de dar comezo á súa decimoterceira edición.

A presentación da andaina solidaria, levada a cabo no Concello de Pontevedra durante a mañá deste 18 de abril, deu comezo coas palabras do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, quen afirmou que o evento, que se celebrará o vindeiro 29 de abril, é "unha chamada de atención á sociedade" para pór en valor a importancia da doazón de sangue, órganos e tecidos.

Polo de agora, serán 1.017 persoas as que asistan á camiñada que atravesa o Camiño Portugués, dende a cidade de Pontevedra ata a Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Ao respecto, Fran Pérez-Mirás, presidente de ASAMPO, admite que "estamos algo bajos con respecto al año pasado" e recorda que a data límite de inscrición aínda finaliza mañá, 19 de abril.

Coa fin de obter unha lembranza única, cada participante contará cun dorsal de madeirafeito á man e personalizado que levará o número de inscrición, o nome da persoa e o ano, explica o presidente de ASAMPO.

Perez lembra a importancia de doar para que "no vuelva a ocurrir" unha parálise dos quirófanos por falta de sangue. Apunta que hai un 5% de persoas que non conseguen as doazóns que precisan e que malia ser unha cifra baixa, "si se trata de nuestro padre, nuestro hermano o nuestro hijo… es mucho".

O alcalde considera a asociación "a alma máter" deste proxecto e agradécelle o seu esforzo para levar a cabo a andaina. Lembra a aquelas persoas que queiran participar que aínda poden inscribirse a través do correo electrónico pontevedrada@gmail.com, por whatsapp no 602526978 ou na páxina web www.asampo.org.