O histórico narcotraficante Manuel Charlín Gama, patriarca do can dos Charlines, e o seu fillo Melchor permanecen ingresados no Hospital do Salnés tras ser asaltados na súa casa de Vilanova de Arousa na mañá deste mércores.
O asalto produciuse sobre as 9.00 horas deste mércores. Segundo relataron Charlín e o seu fillo, dúas persoas chegaron á súa casa e agredíronos, causándolles lesións de diferentes consideración polas que tiveron que ser trasladados ao hospital.
Ao pai déronlle un golpe na cabeza e provocáronlle unha posible fractura de varias costelas mentres que o fillo presenta unha brecha na cabeza como consecuencia da agresión. Manuel Charlín recibiu o alta pouco despois, pero o seu fillo quedou ingresado en observación.
Os dous asaltantes ían encapuchados e tiñan acento suramericano. Tras a agresión, puideron fuxir nun vehículo que presumiblemente era un monovolume de cor negra.
A Garda Civil mantén aberta unha investigación para pescudar a identidade e paradoiro dos asaltantes e pediuse colaboración a outras Forzas de Seguridade para axudar a localizar o vehículo no que se deron á fuga.
Tras o asalto, un nutrido grupo de xornalista trasladouse ata as inmediacións da mansión da familia en Vilanova e alí vivíronse momentos moi tensos con achegados aos Charlines, que se enfrontaron a varios dos informadores. A un fotógrafo de Faro de Vigo golpeárono e deron un patada e a unha redactora de Antena 3 rompéronlle o teléfono móbil. Os momentos máis tensos recolleunos un cámara de Canal Rías Baixas e poden verse neste vídeo: