As traballadoras de Alfageme manterán as protestas "ata o final"

Pontevedra
06 de novembro 2012

As afectadas polo peche da conserveira trasladaron as súas movilizacións a Pontevedra á espera da decisión do Xulgado Mercantil de Vigo en relación ao proceso de subasta

Latas de conserva nas instalacións da Deputación de Pontevedra PontevedraViva

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) abriu o proceso de plicas que estuda as tres ofertas presentadas para facerse cargo das plantas de Alfageme en Ribadumia e Vilaxoán, pero paralelamente o Xulgado Mercantil de Vigo tamén iniciou o proceso de poxa da empresa.

As próximas horas serán pois fundamentais para o futuro da conservera, por ese motivo as traballadoras intensificaron as súas mobilizacións. Esta vez desprazáronse a Pontevedra para percorrer as rúas do centro da cidade e rematar tirando latas de conserva caducadas da marca Miau na sede da Deputación.

A intención das afectadas é esgotar as posibilidades de retomar a actividade e iso pasa, segundo Rosa Abuín, do sindicato CIG, por aceptar a mellor das ofertas presentadas.

"Estamos esperando que o xulgado poña data para a poxa, cando a fixe non hai marcha atrás"

O problema para Abuín é que o proceso de poxa siga adiante e sexa demasiado tarde, "estamos esperando que o xulgado poña data para a subasta, cando a fixe non hai marcha atrás. Calculo que a finais de semán saberemos a data e non teremos nada que facer. Por eso intensificamos as protestas. Si entre hoxe e mañán o IGAPE non da unha oferta aos administradores concursais, vai a subasta".

Se o proceso remata na temida poxa o xulgado poñería á venda, por separado, a marca Miau, a maquinaria ou as naves de Ribadumia e Vilaxoán, o que poñería moi difícil a continuidade do proxecto industrial, "pódese incluso especular. Sabemos que os terreos están en primeira liña de costa, pode darse incluso o caso de que sexa a propia Xunta a que gañe a subasta e logo venda os bens a empresas amigas".

Arquivado en