As 'Rutas Saludables' chegan a Sanxenxo para combater o sedentarismo

Sanxenxo
13 de setembro 2024

O programa 'Rutas Saludables', promovido pola Asociación Española Contra el Cancer, aterra en Sanxenxo a partir do próximo 27 de setembro. A iniciativa, cuxo obxectivo é acabar co sedentarismo e fomentar hábitos de vida saudables, desenvolverase durante un total de 12 semanas con 4 roteiros pola localidade

 

Centro de Saúde de Baltar Concello de Sanxenxo

O programa 'Rutas Saludables', promovido pola Asociación Española Contra el Cancer, aterra en Sanxenxo a partir do próximo 27 de setembro.

A iniciativa, cuxo obxectivo é acabar co sedentarismo e fomentar hábitos de vida saudables, desenvolverase durante un total de 12 semanas con 4 roteiros pola localidade.

As camiñadas, de aproximadamente hora e media de duración, realizaranse todos os venres ás 10:30 horas, partindo sempre desde o Centro de Saúde de Baltar. A actividade será guiada polo persoal sanitario do centro.

Desde a AECC sinalan que a prevención é unha das mellores ferramentas fronte ao cancro e por iso seguen facendo fincapé en promover a adquisición de hábitos de vida saudables como estas camiñadas que, segundo Dolores Andújar, técnica desta iniciativa, "máis aló do seu carácter recreativo, onde os participantes melloran o seu estado de ánimo e reforzan o sentimento de comunidade, estes roteiros achegan importantes beneficios para a saúde".

O programa é gratuíto e está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en mellorar a súa saúde a través da actividade física. Con todo, os pacientes oncolóxicos que desexen participar deberán presentar unha autorización médica previa. As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse chamando ao teléfono gratuíto 900 100 036 ou de maneira presencial no Centro de Saúde de Baltar.