As Rías Baixas deben ter, segundo os socialistas, un papel "estratéxico" na promoción de Galicia

Pontevedra
08 de xullo 2020

De cara a 2021, Pontevedra debe ter un papel "estratéxico" na promoción internacional de Galicia. Así o defenden os socialistas, que aseguran que se acceden ao goberno da Xunta tras as eleccións galegas do próximo domingo, porán en marcha esta campaña turística

Reparto de propaganda electoral do PSdeG-PSOE na Ferrería PSdeG-PSOE de Pontevedra

De cara a 2021, Pontevedra debe ter un papel "estratéxico" na promoción internacional de Galicia. Así o defenden os socialistas, que aseguran que se acceden ao goberno da Xunta tras as eleccións galegas do próximo domingo, porán en marcha esta campaña turística.

A número 3 da candidatura do PSdeG-PSOE por Pontevedra, Paloma Castro, explicou que esta campaña deberá estar "modulada" en función das oportunidades abertas pola evolución da pandemia da COVID-19.

Segundo avanzou, os socialistas apostan por crear unha rede de camiños "coidados, definidos e sinalizados" que figurarán recompilados nunha APP da Xunta na que se especificarán servizos para o turista, así como puntos de interese.

Pola súa banda, Rafael Cotelo sinalou a necesidade de crear unha campaña específica de promoción do turismo interior en Galicia, que combine axudas directas con actividades de publicidade.

A creación dun aval de Turismo de Galicia para os bonos-reserva que permita converter as reservas efectuadas (e non realizadas) en bonos para gastar durante 2020 e 2021 é outra das propostas dos socialistas.

O tamén candidato Manuel Loureiro fixo fincapé na necesidade de que o sector se organice para poder facer fronte ao "poder de negociación abusivo" das plataformas e desenvolver unha aplicación que funcione como metabuscador ou motor de reservas de adhesión para todos os establecementos galegos que o desexen.