As Rías Baixas, a tope en Semana Santa

Pontevedra
07 de abril 2023

A Semana Santa está a deixar nas Rías Baixas imaxes propias do verán, con praias cheas de bañistas. O sector hostaleiro está a ser un dos grandes beneficiados polo aluvión de persoas que gozan destes días de descanso

Praia de Silgar PontevedraViva

A Semana Santa está a deixar nas Rías Baixas imaxes propias do verán, con praias cheas de bañistas.

O sector hostaleiro está a ser un dos grandes beneficiados polo aluvión de persoas que gozan destes días de descanso. 

Non todos os hoteis abriron as súas portas esta semana Santa pero aqueles que o fixeron están a rexistrar un alto índice de ocupación que supera as estimacións iniciais polas reservas de última hora esporeadas polo bo tempo. 

Tamén están a ter unha incidencia positiva a coincidencia de varios torneos deportivos con gran poder de convocatoria como son a fase previa do Arousa Fútbol 7, en Ribadumia e outros tres torneos que se disputan en Vilagarcía, especialmente a Basket Cup, pero tamén o Torneo Cidade de Vilagarcía, organizado polo Arousa, e o Ramiro Carregal Soccer Cup. 

Ao ser competicións que reúnen a xogadores de equipos de base moitos acudiron coas súas familias.

Incluso os diferentes roteiros xacobeos están a notar o tirón da Semana Santa rexistrándose unha alta ocupación nos albergues, a pesar de non ser Ano Santo.

Na parte negativa, hai que consignar algúns atascos rexistrados na estrada PO-308 entre Pontevedra e Sanxenxo aínda que nada que ver co quilométrico tapón vivido por quen decidiu visitar Portugal en coche este xoves que sufriron o efecto embude na ligazón da autoestrada AP-9 coa A-55 ao seu paso por Tui, onde se rexistraron larguísimas colas que impediron avanzar aos vehículos á primeira hora da tarde.