As redes sociais non son só para a mocidade

Pontevedra
20 de abril 2020

O crecemento das redes sociais, unido aos cambios tecnolóxicos, conseguiu que moitos adultos de mediana idade comezaran a usar este tipo de plataformas para cubrir o seu tempo de ocio, realizar compras e consultar información

Unha persoa usando un teléfono móbil Mónica Patxot

Que os tempos cambian e as persoas con eles é un feito. Nos últimos anos, o xurdimento das redes sociais e a súa evolución, unida os cambios tecnolóxicos, trouxo unha xeración de persoas que xa naceron coa existencia de Internet. Pero, ¿qué pasa con aqueles que naceron antes desta revolución? 

Alá por mediados dos 70, cando Alberto naceu, ninguén se imaxinaba que a pouca tecnoloxía que había, sufriría unha metamorfose tan súbita. A televisión só tiña un canal, e para chamar, había que usar o teléfono fixo. No 1973 apareceu o primeiro télefono móvil, que non se parecía nada aos que agora existen. 
Hoxe en día, o noso smartphone contén toda a nosa información, contactos, documentos...e redes sociais.

Alberto comezou a usar este tipo de plataformas hai uns 10 anos, é dicir, desde o seu inicio. Asegura que grazas a elas coñeceu a xente e lugares marabillosos. A súa favorita é Instagram, aínda que tamén usa Facebook, Instagram,Twitter, TikTok, Pinterest, Blog e LinkedIn.

Con máis de 5.000 seguidores en Instagram, Alberto (@maisgrelos) é un profesional deste ámbito. "Procuro cuidar mucho las fotos que subo y la interacción con mis seguidores. Tengo cientos de fotos subidas y creo que cada una de ella tiene su historia especial", manifesta. Deste modo, ademais de usar as redes como momento de desconexión, tamén forman parte do seu traballo, asegurando que "como me encanta todo lo que hago, también forma parte de mi tiempo de ocio".

Puntualmente colabora con algunhas marcas en campañas publicitarias, e outras veces publica fotos que estean relacionadas con articulos do seu blog de gastronomía e lifestyle, animando á xente a que os lea. En canto as diferentes redes e os seus usos por idades, Alberto o ten claro: "los videos cortos son los que triunfan. Actualmente hay redes sociales como TikTok que están ganando un público más joven".

Por outra banda, están aqueles que non queren saber nada do tema. María, tamén nada nos 70, non usa as redes sociais. "La única que me gusta es WhatsApp, para comunicarme con mis familiares y amigos", asegura. E es que hai veces,  que o máis sano é manterse afastado delas. Así, o universo twitter, facebook e instagram é un mundo pararelo no que ela non quere entrar. 

En España, as redes sociais comezaron un proceso de crecemento no ano 2009. Desde entón ata o 2013, o seu uso incrementouse nun 28%. En 2014 chegaron á madurez, un periodo que se mantivo estable ata a actualidade, pasando dunha penetración do 82% no 2014 a un 85% no 2019. Un 85% dos internautas de entre 16 e 65 anos utilizan redes sociais, o que representa máis de 25,5 millóns de usuarios no noso país. 

Os adultos de entre 40 e 55 anos, usan as redes cun fin meramente social, para manter o contacto con outros, ver vídeos e adquirir coñecementos en base a reproducción de titoriais

Según datos do Estudio Anual de Redes Sociales (2019) de IAB Spain, a media de idade de uso establécese nos 39 anos, cun 30% de usuarios de entre 46 e 65 anos. Os que máis as usan son aqueles que teñen entre 31 e 45 anos, representando un 39% da poboación internauta, mentres que os mozos de entre 16 e 30 anos corresponden a un 30%. Ademais, as mulleres usan máis as redes sociais, ascendendo ao 51% con respecto ao 49% de homes que as usan.

O non usuario de RRSS, é, en maior proporción, masculino e adulto, cunha media de idade de 45,5 anos.

As redes sociais preferidas para os adultos son WhatsApp e Facebook, cunha porcentaxe de usuarios do 88% e 87% respectivamente. Ata 2018, Facebook superaba a WhatsApp, pero o xigante verde impúxose á rede social por excelencia.

Os adultos de entre 40 e 55 anos, pertencentes á Xeración X (1965-1980), usan as redes cun fin meramente social, para manter o contacto con outros, ver vídeos e adquirir coñecementos en base á reprodución de titoriais de cociña, maquillaxe ou bricolaxe, entre outras. En España, representan un 41,6% da poboación. Ademais, un 54,6% de adultos da Xeración X usa as redes sociais para informarse. A súa plataforma favorita é Facebook, cun 93,3% de usuarios, seguida de Youtube (66,7%) e Instagram (62,4%). Os temas máis consultados son noticias e actualidade, música, series e televisión. En canto ás compras por internet, os produtos que máis adquiren son electrónica (58,6%) e roupa (57,8%). Pasan conectados á Rede unha media de 3 horas ao día, e o 97% o fai desde un dispositivo móbil. 

Non obstante, a televisión segue gañando a batalla ás redes á hora de informarse. Un 77,4% utiliza a televisión para informarse da actualidade, frente a un 54,6% que usa as redes sociais.

Aínda que poida parecer que os seus sucesores, os millennials, sexan moi diferentes en canto ao uso das redes sociais e de Internet en xeral, a Xeración X demostrou ter un nivel dixital muy similar a dos millennials. 

O que sí está claro é que as xeracións vindeiras, serán ultraespecializadas no uso das redes sociais.