As primarias de Marea Pontevedra permitirán elixir entre 15 candidatos e un único cabeza de lista

Pontevedra
31 de xaneiro 2015

Os candidatos son oito homes e sete mulleres e todos os integrantes da formación política poderán votar agora no proceso de primarias abertas. A orde na que irán na candidatura ás eleccións municipais designarase en función do resultado da votación nominal e secreta

Luis Rei, membro de Marea Pontevedra
Luis Rei, membro de Marea Pontevedra / Mónica Patxot

Os primeiros postos da candidatura de Marea Pontevedra ás eleccións do vindeiro 24 de maio sairán da elección en primarias entre 15 persoas distintas. Para optar a encabezar o cartel tan só se presentou unha persoa, o escritor Luis Rei.

Marea Pontevedra pechou este venres o prazo de presentación de candidatos para formar a lista da agrupación política aos próximos comicios. Rematado o prazo, segundo o regulamento interno da formación política, a Comisión Electoral da Marea proclamou as persoas aspirantes a ser votadas durante as primarias. Convértese esta na primeira ocasión en Pontevedra na que unha formación política celebra primarias abertas para elixir a candidatura máis aló do cabeza de lista.

Segundo os datos aportados por Marea Pontevedra, os candidatos son oito homes e sete mulleres e todos os integrantes da formación política poderán votar agora no proceso de primarias abertas. A orde na que irán na candidatura ás eleccións municipais designarase en función do resultado da votación nominal e secreta.

Ao respecto, cabe reseñar, iso si, que dende a Comisión Electoral intervirán para facer toda correción que sexa necesaria á lista saínte para garantir que saia unha candidatura 'cremalleira' paritaria. O resto da lista ata completar os 25 integrantes completarase posteriormente nunha asemblea da Marea Pontevedra.

O prazo de inscrición para votar segue aberto ata o martes 3 de febreiro ás 20.00 horas e as votacións celebraranse entre o 4 e o 6 de forma electrónica e o sábado 7 en urna.

A maiores de Luis Rei, presentaron a súa candidatura Vanessa Angustia Gómez (historiadora del arte, 34 años), David Carballal Vázquez (asesor comercial, 39 años), Guillermo Casalderrey Rivas (arquitecto, 34 años), Herminia Dios Poceiro (psicóloga, 42 años), Bruno González Cacheda, estudante, 31 años), Anxo Corbillón Fernández (traballador da banca e libreiro, 47 años), Joshua Juárez Paz (estudante, 19 años), María Luisa Lores Agüin (radióloga, 59 años), María del Carmen Moreira Mártinez, (persoal administrativa, 54 años), Carmen Peña Hernández (técnica anatomía patolóxica, 49 años), Cynthia Piña Moreira (parada, 38 años), José Antonio Ramírez Amor (mediador, 49 años), Esteban Rey Franco (administrativo, 24 años) e Raquel Vázquez Méndez (hostaleira,  44 años).