As peñas volven ás rúas. Este sábado, con touradas

Pontevedra
13 de agosto 2016

Hai unha semana os grupos de mozos invadiron o centro histórico coas súas camisetas de penas taurinas a pesar de que non había actividade na praza e este sábado volveron, xa con fundamento. Fixérono nun número similar e deixando imaxes que se repiten: litros de viño e cervexa para consumir, outros tantos para tirarse uns a outros e moita festa

Peñas taurinas nas Festas da Peregrina 2016 Diego Torrado

Primeiro sábado de touros na feira taurina da Peregrina, pero segundo sábado de peñas nas rúas da cidade. Hai unha semana os grupos de mozos invadiron o centro histórico coas súas camisetas de peñas taurinas a pesar de que non había actividade na praza e este sábado volveron. Fixérono nun número similar e deixando imaxes que se repiten: litros de viño e cervexa para consumir, outros tantos para tirarse uns a outros e moita festa

Mentres na praza de San Roque celebrábase a segunda xornada de touros -a primeira foi o pasado domingo- e o colectivo antitaurino percorría o centro da cidade pedindo a abolición destes festexos e que o Concello de Pontevedra deixe de subscribir un convenio para o uso da praza, os grupos de 'peñistas' gozaron con música que saía dos bares cara á praia. A celebración comezou xa ao mediodía e habitualmente prolóngase ata altas horas da madrugada. 

AmpArticleViewer.default.tags