Este mércores 9 e o xoves 10 de agosto, Cruz Vermella Pontevedra distribuirá 15.000 bolsas de pan de papel para que as panaderías da localidade poidan utilizalas para entregar os produtos aos seus clientes.
Con esta repartición a organización humanitaria quere dar a coñecer o seu Plan de Emprego, unha iniciativa para romper barreiras e facilitar o acceso ao mercado de traballo das persoas que o teñen máis difícil.
Un dos obxectivos desta nova campaña é que máis empresas establezan novas alianzas de colaboración con Cruz Vermella, para permitir aos participantes mellorar a súa empregabilidade a través de visitas de orientación, realización de prácticas formativas non laborais ou cesión de espazos, entre outros.
Alejandra Casal, coordinadora provincial do Plan de Emprego de Cruz Vermella en Pontevedra, explica que "somos conscientes de que sós non podemos cambiar a contorna, por iso as empresas son un socio fundamental para os nosos proxectos de emprego, xa que son quen na práctica poden ofrecer unha oportunidade de acceso ao mercado laboral para as persoas coas que traballamos".