As oficinas do DNI non se poden trasladar á rúa Michelena polo alto prezo de aluguer que piden á Policía

Pontevedra
16 de outubro 2013

O Sindicato Unificado de Policía (SUP-Galicia) recibiu cunha sonora apupada, ao director xeral do Corpo Nacional de Policía, Ignacio Cosidó durante a súa visita á Comisaría de Pontevedra

Protesta do SUP ante a Comisaría de Pontevedra

O Sindicato Unificado de Policía (SUP-Galicia) recibiu cunha sonora apupada, ao director xeral do Corpo Nacional de Policía, Ignacio Cosidó, durante a súa visita á Comisaría de Pontevedra. Eran unha trintena de axentes pertencentes ao comité local do SUP que portaban pancartas nas que se lía "Menos despilfarro y más servicio", e tamén "Ciudadanos os pedimos perdón por no poder detener a los auténticos delincuentes".

O secretario xeral do SUP en Galicia, José Freire, recordou que Ignacio Cosidó "no hace muchos años cuando estaba en la oposición, prometió dignificar la profesión en una Asamblea Nacional de nuestro sindicato", non só salarialmente, senón en canto a dotación de medios "pero en cuanto llegaron al poder y tomó esta responsabilidad nos encontramos con todo lo contrario", dixo.

Dende o Sindicato Unificado de Policía reiteraron a súa denuncia de falta de recursos humanos e materiais para ofrecer o servizo que necesitan os cidadáns. Esta precariedade xunto á falta de cambios lexislativos que castiguen a reincidencia e que eviten que os mesmos delincuentes sexan detidos todos os días, inciden nun desánimo xeneralizado nos axentes, asegura Freire.

PAPEL HIXIÿNICO

"Cada vez hay menos piezas para los vehículos, menos tóner para las impresoras, incluso en algunas ocasiones falta algo tan elemental como el papel higiénico", denuncia o Sindicato Unificado de Policía, respecto á Comisaría de Pontevedra.

ALUGUER OFICINAS DNI

Os axentes de Pontevedra esperaban ver aliviada a falta de espazo na Comisaría provincial da rúa Joaquín Costa co traslado da sección de Documentación e Estranxeiría da Comisaría, é dicir, as oficinas de expedición do DNI e os pasaportes. O traslado está anunciado dende o ano 2006 coa reforma do Banco de España na rúa Michelena.

O espazo que gañará permitirá, entre outras cousas, dotar de maior comodidade a determinadas unidades do Corpo Nacional de Policía xa que deixaría libre a primeira planta do edificio da Comisaría.

Non obstante, segundo desvelou o secretario xeral do SUP en Galicia, José Freire, estas oficinas non se poden trasladar por un "singular paradoja" e é que un organismo do estado pide un alto aluguer que a Policía non pode pagar por trasladarse ao edificio do Banco de España.

"No es de recibo. No se puede entender una cuestión como esta", lamentou Freire "ese traslado era una solución", e así llo trasladaron ao Subdelegado do Goberno, Antonio Coello.