As obras de construción do novo centro de saúde de Marín "avanzan dacordo coas previsións"

Marín
23 de setembro 2015

Directivos sanitarios públicos, xunto coa rexedora marinense e os técnicos da constructora Dragados supervisaron este mércores a evolución das obras de construción do novo centro de saúde desta localidade, que conta cun investimento de máis de 5,2 millóns de euros e disporá sunha superficie asistencial de preto de 3.800 metros cadrados

Visita ás obras do Centro de Saúde de Marín Xunta de Galicia

Directivos sanitarios públicos, xunto coa rexedora marinense e os técnicos da constructora Dragados supervisaron este mércores a evolución das obras de construción do novo centro de saúde desta localidade, que conta cun investimento de máis de 5,2 millóns de euros e disporá dunha superficie asistencial de preto de 3.800 metros cadrados.

No transcurso da xuntanza analizaron diversos aspectos da evolución das obras que, cun prazo previsto de execución de 14 meses, "avanzan dacordo coas previsións", que estiman o seu remate na primavera do vindeiro ano 2016.

Posteriormente á visita das obras de construción deste novo centro de saúde, o xerente dos hospitais de Pontevedra e O Salnés, Jose Manuel González Álvarez, convocou na Casa do Mar de Marín outra xuntanza técnica na que participaron profesionais de Atención Primaria desta localidade.

No devandito encontro, analizáronse as necesidades e planificacións de equipamento e dotación tecnolóxica das diversas áreas do futuro centro de saúde marinense, á vez que se concretaron detalles dos diversos espazos de cara a súa posta en marcha asistencial ao remate das obras o vindeiro ano 2016.