As murgas cántanlle a VOX e ao Satisfayer

Pontevedra
25 de febreiro 2020

Sete foron as murgas que subiron ao escenario na primeira xornada: Os de Soremay , Os de Noalla, Romanox, Os Oneis Bin Bang, Tropa de Moncha A Caralla, Jana de leria, Val do Lérez. Esta última xunto á residencia de maiores son de Pontevedra, das outras unha é de Sanxenxo e o resto do Grove

Concurso de Murgas Diego Torrado

"Ides morrer todos aquí. Xa vos aviso". Así llo advertiu a actriz María Carrera ao público asistente ao Concurso de Murgas respecto ao récord de participación e a duración do espectáculo.

Sete foron as murgas que subiron ao escenario na primeira xornada: Os de Soremay, Os de Noalla, Romanox, Os Oneis Bin Bang, Tropa de Moncha A Caralla, Jana de leria, Val do Lérez. Esta última xunto á residencia de maiores son de Pontevedra, das outras unha é de Sanxenxo e o resto do Grove.

Entre os temas máis recorrentes en todas as coplas atopábase un curioso binomio: o succionador de clítoris Satisfayer e o partido de ultradereita VOX. Por suposto tamén se cantou sobre o pacto Sánchez-Iglesias ou sobre a exhumación do ditador Franco.

A segunda eliminatoria terá lugar o mércores 26 de febreiro coa actuación de Los PTV dan la vuelta al mundo, Os Arrombados, Murga do Naveiro, Equipo Ja, Os da prensa e Leña verde. 

Canto conclúa a segunda eliminatoria o xurado comunicará quen é as cinco murgas elixidas para concorrer á final do certame que será o xoves, tamén no Pazo da Cultura e á mesma hora, as nove da noite.

 

Arquivado en