As 'mulleres imparables' únense no Museo

Pontevedra
22 de outubro 2016

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolleu este sábado o III Encontro profesional de Mulleres Imparables, dentro da rede profesional #MujeresImparables, que conta con máis de 200 membros en todo o país

III Encontro profesional de Mulleres Imparables Deputación de Pontevedra

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolleu este sábado o III Encontro profesional de Mulleres Imparables, dentro da rede profesional #MujeresImparables, que conta con máis de 200 membros en todo o país.

O evento, organizado polo Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, baseouse en conferencias curtas e dinámicas e en obradoiros de traballo e networking, con interacción entre participantes.

Contou coa presenza de mulleres emprendedoras de relevancia nacional e galegas que presentaron iniciativas innovadoras.

O obxectivo do encontro, que xa contou con dúas primeiras xornadas en Sevilla e Xerez, é dar visibilidade ao liderado das mulleres no ámbito profesional e pretende sumar sinerxias e establecer colaboracións. Non só entre mulleres, pero sempre cos mesmos valores e actitudes.

Ao acto de inauguración acudiu tamén a presidenta provincial, Carmela Silva, asegurando que este tipo de iniciativas son "imprescindibles para que as mulleres que se dedican a distintas actividades profesionais se reúnan e poder traballar xuntas a fin de crear redes, co obxectivo de poder ocupar desde o debate, a reflexión e a análise todos os espazos da sociedade".