As luces de Nadal, adxudicadas por 145.000 euros e coa previsión de inaugurarse na ponte de decembro

Pontevedra
04 de outubro 2024

A empresa adxudicataria é Creaciones Luminosas, con sede en Tui, que tamén se encargará do alumeado das Festas de Verán do vindeiro ano por un 36.179 euros. O alumeado do Entroido vaino asumir a empresa Tecmodeco por 16.940 euros

Alumeado de Nadal en Pontevedra 2023 Mónica Patxot

Pontevedra xa ten garantido o alumeado das festas durante o Nadal. O Concello acaba de aprobar a adxudicación do contrato para esta iluminación por un importe de 144.595 euros. 

A empresa adxudicataria é Creaciones Luminosas, con sede en Tui, que tamén se encargará do alumeado das Festas de Verán do vindeiro ano por un importe de 36.179 euros.

O prego de condicións detalla que as luces deben estar instaladas, como moi tarde, o 6 de decembro.

Este xoves, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, deu a coñecer a adxudicación e lembrou que "historicamente" o alumeado de Nadal de Pontevedra adoita inaugurarse xusto antes da ponte festiva dos días 6 e o 8 de decembro. 

Este ano, polo tanto, a data prevista sería a do xoves 5 de decembro. "Esa, en principio, é a previsión", asegurou Lores

A Xunta de Goberno deste xoves tamén aprobou a adxudicación do alumeado do Entroido á empresa Tecmodeco, con sede en Vilagarcía de Arousa, por 16.940 euros.